Blogia
IGNANA

Mestre-Educación Primaria, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Xornalismo. E agora, a polo Doutoramento en Educación

Mestre-Educación Primaria, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Xornalismo. E agora, a polo Doutoramento en Educación

Benqueridos amigos. Acabo de cumplir un soño. Comecei a miña andaina universitaria en Maxisterio, sacando a diplomatura en Mestre-Educación Primaria, xunto con xente que xa está exercendo na Educación e das que gardo grandes lembranzas e aventuras. Dende aqueles principios con Laurita, Lauriña, Albertito, Saulito, Alende, Berena, Diego, Pedro, Rozados, e otros moitos e moitas, xa pasaron uns cantos anos, nos que tentei non perder o tempo. Logo de Maxisterio, logrei na Universidade de Santiago de Compostela (USC) a licenciatura en Pedagoxía e seguín coa licenciatura en Psicopedagoxía, estudos que alternei cos de Xornalismo na Universidad Carlos III de Madrid. No último ano conseguín o traslado de matrícula e xa son tamén licenciado en Xornalismo pola USC. Así acadei un soño que tiña en mente hai moitos anos e que quero dedicarlle aos meus fillos (Anita e Ignacio) e aos meus pais. Pero non quero rematar aquí. Agora, xa estou mentalizado para iniciar o Máster previo ao Doutoramento. Grazas a todos e todas as que estivéchedes sempre moi cerca de min.

0 comentarios