A celebración do acto de licenciatura de Pedagoxía 2004 - 2008 foi en Fonseca

24/05/2008: Alumnos e alumnas de Pedagoxía celebraron o acto de licenciatura no Salón Noble de Fonseca, nunha tarde moi emotiva e chea de boas lembranzas. Os padriños desta promoción 2004-2008 foron Mar Lorenzo Moledo e Antonio Rodríguez Martínez. Os alumnos Cristina Varela e o xornalista de La Voz de Galicia, Ignacio Calvo, foron os encargados de abrir o acto cun discurso cheo de anécdotas e lembranzas do longo aprendizaxe universitario (http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/05/25/0003_6848849.htm). Tamén interviron no acto, ademáis dos padriños, os vicedecanos Elena Fernández e Jesús Rodríguez. Entregáronse máis de setenta diplomas e ao longo de quince minutos espuxéronse as mellores fotos dos últimos catro cursos. Acompañando aos novos pedagogos estiveron algúns profesores da facultad de Ciencias da Educación, como Felipe Trillo, Lourdes Montero, Antonio Caride, Andrés Suárez e Xulio Rodríguez. Qué ben o pasaron logo na cea... con barra libre. Que llo pregunten ás Cris, Henar, ás Lauras, Alejandra, Goretti, Saúl, ás Marías, Nuria, Alberto, etcétera. Non sigo, que me perdo.
5 comentarios
Saúl -
Zinha -
Bikiños
Laura Sampedro -
cris -
Rocío -