Blogia
IGNANA

Os Reis Magos pasaron un ano máis por Compostela (2008)

Os Reis Magos pasaron un ano máis por Compostela (2008)

Os Reis Magos estiveron en Compostela. Melchor, Gaspar e o grande Baltasar repartiron xoguetes e alegría entre tódolos nenos, e entre os que non son tan nenos. O Rei Baltasar, un ano máis, foi o máis aplaudido. É o que máis lle mola aos nenos e nenas da capital galega. Un ano máis, os tres Reis Magos estiveron ben acompañados polos seus paxes, que xa son caras moi coñecidas cada 5 de xaneiro.

As carrozas dos tres Reis Magos percorreron tódalas rúas da nosa cidade, que estaba chea de público, repartiron miles de caramelos.

 

0 comentarios