Blogia
IGNANA

Universidade de Santiago de Compostela

Los alumnos del Máster de Investigación en Educación salieron de marcha por Santiago

Los alumnos del Máster de Investigación en Educación salieron de marcha por Santiago

Los alumnos y alumnas (o sea, mis compañeros y compañeras de clase) del Máster de Investigación en Educación, Diversidad Cultural y Desarrollo Comunitario de la USC que coordina Vicente Peña ya saben bien lo que es la noche compostelana. No tardaron mucho en descubrir los encantos de la ciudad y ya disfrutaron de lo lindo de las copas y de la belleza de las piedras que rodean el casco histótico de la capital gallega. Una veintena de alumnos y alumnas gallegos, de otras comunidades autónomas y de diferentes países como Venezuela, Honduras, Perú, México y Francia se lo pasaron en grande. No faltaron a la cita nocturna (YO, por supuesto) Karem Walo, Nanaz Ganji, Juanfran Ballestero, Celso Carrera, Iván García, Pablo Nogueira, Cristina Álvarez, Saleta Iglesias, Béziade Brice, Saúl Marbán, Ángela Piña, Alberto Rodríguez, y así hasta los veinticuatro estudiantes del máster. Y las copas no le pasaron factura, pues al día siguiente no faltaron a su cita y cumplieron como campeones en las clases que imparten los doctores Antonio Rodríguez, Miguel Santos Rego, Mar Lorenzo, Diana Priegue, Antonio Caride, Lucía Iglesias y Esther Olveira, Antón Costa, Antonio Vara, Touriñán, Mari Gutiérrez, entre otros.

Mestre-Educación Primaria, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Xornalismo. E agora, a polo Doutoramento en Educación

Mestre-Educación Primaria, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Xornalismo. E agora, a polo Doutoramento en Educación

Benqueridos amigos. Acabo de cumplir un soño. Comecei a miña andaina universitaria en Maxisterio, sacando a diplomatura en Mestre-Educación Primaria, xunto con xente que xa está exercendo na Educación e das que gardo grandes lembranzas e aventuras. Dende aqueles principios con Laurita, Lauriña, Albertito, Saulito, Alende, Berena, Diego, Pedro, Rozados, e otros moitos e moitas, xa pasaron uns cantos anos, nos que tentei non perder o tempo. Logo de Maxisterio, logrei na Universidade de Santiago de Compostela (USC) a licenciatura en Pedagoxía e seguín coa licenciatura en Psicopedagoxía, estudos que alternei cos de Xornalismo na Universidad Carlos III de Madrid. No último ano conseguín o traslado de matrícula e xa son tamén licenciado en Xornalismo pola USC. Así acadei un soño que tiña en mente hai moitos anos e que quero dedicarlle aos meus fillos (Anita e Ignacio) e aos meus pais. Pero non quero rematar aquí. Agora, xa estou mentalizado para iniciar o Máster previo ao Doutoramento. Grazas a todos e todas as que estivéchedes sempre moi cerca de min.

Un discurso cheo de moitas lembranzas

Un discurso cheo de moitas lembranzas

Xa estamos na recta final e o acto celebrado o sábado (24/05/08) foi o primeiro paso para asinar o noso remate. O acto de licenciatura (en Fonseca) foi o inicio do fin. Só quedan os exames de xuño para acabar a nosa aprendizaxe en Pedagoxía. Os alumnos Cris Varela e Ignacio Calvo ¡¡ QUÉ GUAPOS ESTABAN !! fixeron a presentación do acto, cun discurso cheo que lembranzas  LEEDE TODO O DISCURSO  (En azul, Cris; en vermello, eu):

Benqueridos compañeiros e compañeiras

Benqueridos papás e mamás

 

Benqueridos profesores e profesoras

 

Benqueridos mozos, mozas, tíos, tías, avós, avoas, irmáns, cuñados, curmáns...

 

Para, para, para... xa está ben... Chega con dicir, benqueridos todos e todas

 

Logo de tantas xuntanzas, liortas, discusións... xa estamos eiquí

 

Chegou o noso gran día

 

Logo de catro anos intensos, de nervos, de tensión, de moito chapar, de moitas noites sen durmir...

 

Bueno, non será para tanto. Papás e mamás, eu diría que foron demasiadas noites sen durmir... aínda que non todas cos libros e cos apuntes diante

 

Cadaquén fixo o que puido

 

É mellor cambiar de tema, falar doutra cousa, e  non darlle moitas voltas a esto, que igual a algún e algunha, e non quero mirar para ninguén, se lle suben as cores

 

Foi falar o máis indicado, o neno máis formal da Facultade de Pedagoxía

 

Benqueridísima Cris, cando rematemos esta pequena presentación xa falarei eu detidamente cos teus pais... e tamén se cadra co teu mociño, que non sabe ben a quen ten... Pero igual esas son cousas para falar na vindeira licenciatura... Sigamos coas noites sen durmir...

 

O que teño claro é que logo destes catro anos botaremos en falta moitas cousas...

 

Moitísimas diría eu...

 

... Si, coma os debates paradigmáticos de Caride, por exemplo...

 

... claro, e os interculturais grupos puzzle de Santos Rego...

 

... e as multi-respostas de Mari Carmen Gutiérrez...

 

... e non esquezamos os FTAs de Trillo...

 

... Tamén botaremos todos en falta a grande dadivosidade do noso padriño...

 

... por suposto que tamén os bos consellos laborais da nosa madriña...

 

... e os diagnósticos de Paula...

 

... e tamén as dinámicas clases de Lourdes Montero...

 

... e as múltiples anécdotas e historietas innovadoras de Rosales...

 

... e a vitalidade británica de Suárez...

 

... e a mortandade experimental de Ana Porto e Felicidad...

 

... tamén botaremos de menos o Informe Pisa de Milagros...

 

... e a educación formal e non formal de Rial...

 

Cris, non podemos seguir... xa me gustaría, pero son tantas as cousas que botaremos de menos que se as dicimos todas os nosos compañeiros e compañeiras morrerían hoxe de fame, pois tardariamos o día enteiro en falar das boas lembranzas de Pedagoxía. E temos que rematar cedo que o marisco xa está servido

 

Tes razón, pero non podemos esquecer os grandes momentos que tivemos ao longo destes catro anos cos nosos compañeiros e compañeiras...

 

Xa sei por donde vas. ¿Estás a falar do botellón?, non...

 

Nachete, ¡¡¡ qué mente máis retorcida tes !!! Estou a falar dos pitillos e os cafés entre clase a clase, das horas que pasamos diante do ordenador facendo a morea de traballos que nos encargaron...

 

... as viaxes de fin de carreira, e mesmo as maratonianas reunións para organizar este acto

 

Por iso, botaremos moito de menos aos nosos compañeiros, que agora máis que compañeiros son amigos

 

Cris, non me veñas con sentimentalismos, que non son horas de chorar

 

Case que me dan ganas de comezar de novo a carreira para poder seguir desfrutando cos meus amigos

 

Xa, eu tamén... pero quen vai sacar de paseo aos meus netos, que xa non estou eu en idade de comezar de novo

 

Cala, cala... que ti aínda tes corda para rato

 

Xa o sei, xa o sei, aínda me sinto moi novo, pero penso que agora é o momento de que pensedes no voso futuro, de que lle saquedes o máximo rendemento á vosa licenciatura

 

Ese ten que ser o noso obxectivo. Todos e todas temos que tomar conciencia de que non será doada a inserción laboral da que tanto se falou nesta carreira, pero os máis de 70 que eiquí estamos dentro dun mes xa seremos profesionais da Educación... ¡¡¡ Quen no lo ía dicir !!!

 

Agora é cuestión de plantexar o futuro laboral do mesmo xeito e coa mesma ilusión que comezamos esta carreira. É o momento de sacar adiante con forza tódolos coñecementos e as prácticas que levamos acumulado..

 

... e sacar proveito dos bos consellos que os nosos profesores e profesoras nos viñeron dando ao longo destes catro anos...

 

... e dos consellos que aínda  nos teñen que dar, porque faltan 40 días para que remate todo

 

¡¡¡ Quédannos 40 días moi duros !!!

 

Bueno, xa será menos. Todos e todas agardamos que non sexan tan duros. Teño moita confianza en que os exames de xuño non sexan tan complicados

 

Eu tamén son optimista. Os profesores teñen que ter moi en conta o feito de que levamos moitas semanas preparando este acto... e de seguro que serán moi comprensivos coa nosa situación

 

Teño moita confianza na súa bondade e agardo que agora en xuño baixen un pouquiño esas medias raras que ás veces fan entre exames, traballos, exposicións... que non hai quen as entenda

 

Pero aínda que contamos coa súa axuda, nós temos que dalo todo neste último traxecto. Xa queda pouco

 

Cris, deixemos por un momento o futuro e voltemos á realidade e a falar deste acto

 

Deste momento tan fermoso e emotivo

 

Un remate que non sería o mesmo sen a presenza das nosas familias e dos nosos mestres

 

Por iso, queremos agradecer todo o seu apoio

 

Grazas ás familias por teren tanta paciencia con nós e por faceren posible a nosa aprendizaxe

 

Grazas a tódolos compañeiros e compañeiras polo bo clima xerado ao longo de tantas sesións de traballo...

 

Grazas aos profesores e profesoras por axudar a formarnos como persoas e como pedagogos...

 

Grazas a Jesús Rodríguez, Beatriz Cebreiro e Elena Fernández

 

Grazas a Felipe Trillo, Mar Lorenzo, Lourdes Montero e Antonio Rial

 

Grazas a Ana Porto, Felicidad Barreiro e José Manuel Malheiro

 

Grazas a Mari Carmen Gutiérrez, Carlos Rosales, Antonio Rodríguez e Andrés Suárez

 

Grazas a Antonio Caride, Paula Outón e María del Carmen Fernández

 

Grazas a todos e todas por acompañarnos nun día tan especial para nós e que non esqueceremos

 

Grazas tamén a todos aqueles familiares, amigos e profesores que por distintos motivos non poideron atoparse hoxe con nós, pero que sabemos que podemos contar co seu apoio.

PARA TODOS ELES E PARA TODOS VÓS PIDO UN FORTE APLAUSO

 

Logo destes agradecementos imos seguir co programa deste acto...

 

... dándolle a palabra á Ilustrísima Vicedecana Elena Fernández Rey, quen tivo a amabilidade de compartir este día con nós

 

Agora, tócalle o turno a nosa madriña, Mar Lorenzo Moledo

 

O noso padriño, Antonio Rodríguez Martínez, fará a  seguinte intervención

 

Agora teñen a palabra os nosos compañeiros Belén e Alexandre

 

De seguido, e ao longo de quince minutos, imos mirar una presentación coas mellores fotografías destes últimos catro anos

 

Agora imos xa coa entrega dos diplomas da nosa Licenciatura de Pedagoxía

 

Agora remataremos este acto dándolle a palabra ao Ilustrísimo Vicedecano Jesús Rodríguez Rodríguez, a quen lle agradecemos que compartira con nós este día.

 

A celebración do acto de licenciatura de Pedagoxía 2004 - 2008 foi en Fonseca

A celebración do acto de licenciatura de Pedagoxía 2004 - 2008 foi en Fonseca

24/05/2008: Alumnos e alumnas de Pedagoxía celebraron o acto de licenciatura no Salón Noble de Fonseca, nunha tarde moi emotiva e chea de boas lembranzas. Os padriños desta promoción 2004-2008 foron Mar Lorenzo Moledo e Antonio Rodríguez Martínez. Os alumnos Cristina Varela e o xornalista de La Voz de Galicia, Ignacio Calvo, foron os encargados de abrir o acto cun discurso cheo de anécdotas e lembranzas do longo aprendizaxe universitario (http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/05/25/0003_6848849.htm). Tamén interviron no acto, ademáis dos padriños, os vicedecanos Elena Fernández e Jesús Rodríguez. Entregáronse máis de setenta diplomas e ao longo de quince minutos espuxéronse as mellores fotos dos últimos catro cursos. Acompañando aos novos pedagogos estiveron algúns profesores da facultad de Ciencias da Educación, como Felipe Trillo, Lourdes Montero, Antonio Caride, Andrés Suárez e Xulio Rodríguez. Qué ben o pasaron logo na cea... con barra libre. Que llo pregunten ás Cris, Henar, ás Lauras, Alejandra, Goretti, Saúl, ás Marías, Nuria, Alberto, etcétera. Non sigo, que me perdo.