Adestramento dos nenos da escola de squash na pista de cristal de Área Central

30/10/2008: Os alumnos e alumnas da Escola de Squash do Club Santiago estrearon nesta semana a pista de cristal de Área Central na que a vindeira semana se vai a desputar o torneo de squash do circuito mundial (PSA e WISPA). Antes deste torneo Concello de Santiago leváronse a cabo varios adestramentos dos nenos e nenas. Entre eles estaban Ignacio Calvo, Laura Valencia, Xurxo Codesido, Catuxa Codesido, Pascal Gómez...
Foi o primeiro acto que se celebrou con motivo do trofeo Concello de Santiago de squash, que gañou o compostelán Borja Golán, que realizou dous extraordinarios encontros en semifinais (perante o holandés Jan Anjema, primeiro cabeza de serie) e na final. O torneo foi seguido por moitísimo público no centro comercial compostelán. Tódalas autoridades da cidade, encabezadas polo alcalde Sánchez Bugallo, estiveron nos encontros finais.
1 comentario
Luiggi -