Blogia
IGNANA

Os Reis Magos pasaron por Compostela

Os Reis Magos pasaron por Compostela

Os Reis Magos nunca se esquecen da súa visita á capital de Galicia. Un ano máis, estiveron cos nenos e coas nenas da nosa cidade, e tamén cos que non son tan nenos e que agardan de igual xeito este día con grande ilusión. Coa mesma ilusión que os axudantes do Reis, neste caso do Rei Baltasar, acuden cada ano á súa cita. Unha vez máis, o Rei Baltasar contou con seus bos axudantes que repartiron caramelos entre novos e menos novos polas rúas de Compostela.

1 comentario

Rosales -

Todos a la calle menos Raúl!